miércoles, 21 de mayo de 2008

Éxito do primeiro Debrúzate por Cillarga


Despois de adialo polas malas condicións meteorolóxicas, o pasado 26 de Abril, sábado, tiña lugar o primeiro roteiro interpretativo dentro do programa Debrúzate. Foi unha tarde espectacular, onde acompañou a calor no primeiro treito do mesmo, na parte máis dura, pero que se compensou coas fermosas vistas na zona máis alta. Puidemos desfrutar das vistas ás Cíes, ao aeroporto de Peinador, ás vilas de Ponteareas e Mondariz, ...


Desfrutamos das explicacións de Rafael Gutiérrez, arqueólogo e socio de Adenco, que nos trasladou miles de anos atrás coas súas explicacións sobre o mundo megalítico e descubriunos as mámoas do lugar, que á maioría pasarían desapercibidas.


A organización quere agradecer a asistencia das persoas a este primeiro roteiro, desculpando os erros que se puideran cometer e agardándovos para o seguinte!


No hay comentarios: