martes, 3 de junio de 2008

Debrúzate a Angoares

O próximo sábado 7 de Xuño, con saída da Igrexa de Angoares ás 17h, dará comezo o segundo roteiro guiado enmarcado no Programa Debrúzate, que coorganizan Adenco, Galiza Nova e MZS.

O percorrido, dunha dificultade baixa e unhas tres horas de duración, acercará, unha vez máis, aos asistentes o noso patrimonio natural e cultural, desta vez na parroquia de Angoares, ao pé da Vila de Ponteareas e case descoñecida para a maioría dos seus habitantes.

O percorrido, partindo da Igrexa de Angoares, única no País pola súa estrutura, chegará ao Río Uma, na zona do Cabalón, lugar no que nos espera unha fermosa ponte de tres arcos e varios muíños. Río abaixo poderemos desfrutar dun Lugar de Interese Comunitario que forma parte da Rede Natura 2000, con multitude de muíños e paisaxes fermosísimas.

Na parte final do percorrido achegarémonos ao Castro de Angoares e aos petos de ánimas da parroquia, acabando o roteiro no mesmo punto de partida.

Esperámoste!

2 comentarios:

Anguila del Tea dijo...

Boas tardes!
Esta semana tiven coñecemento desta iniciativa, e alegrome de que se estea a levar a cabo, xa que penso que hai moitas cousas e lugares que non coñecemos da nosa parroquia e que teñen unha beleza impresionante.
ó de mañán non podo ir, pero anotareime a todos os que poida.
Gracias.

Organización dijo...

Grazas a ti polo comentario e grazas polo interese. A intención era esa: acercar o máis próximo á sociedade da Comarca, unindo patrimonio e natureza.

Esperámoste!!